Insumisión fala da violencia que se xenera no ámbito familiar, e que o fai dende o epicentro do conflicto: a intimidade da parella. O texto conta a historia partindo de dúas premisas. A primeira é que a violencia non aparece explícitamente no texto. Trátase dunha violencia suxerida, subxacente... A tensión dramática crece ao redor desa violencia contida, pero que non estala sobre o escenario. A segunda é que Insumisión non só se articula sobre a dor senón tamén sobre a esperanza, plantexando unha rebelión ante os fíos que nos atan a unha vida desgarrada. Hai saída; é posible facer as maletas é pechar a porta.
Talyta e Kumy chegan ao sitio crendo que se atoparán cunha festa para velliños da terceira idade. Cando saen da súa caixa máxica, para a súa sorpresa, atopan nenos e, sen saber que facer, deciden de contado saír do apuro converténdose en pequenas marionetas que narrarán os contos clásicos infantís, pero axiña se darán de conta de que a súa distribución de personaxes, un tanto disparatados, darán volta aos seus propios contos en "contracontos": a bruxa de Brancaneves comerá a mazá, a Caperuchiña Vermella levará o lobo á casa da súa avoa para cear, etc.
Quintiño é un neno moi imaxinativo, de feito vive máis tempo nas nubes que na terra; pero unha das cousas que máis lle gusta é pasar a fin de semana co seu avó e navegar no seu barco "O Rei dos Mares". Pola noite e como é costume antes de durmir, o seu avó cóntalle a lenda da “Serpi, Felicio e o Capitán”. Quintillo pecha os ollos o tempo que se embarca nuha viaxe ó mundo dos soños. No océano infinito da imaxinación, distínguense dúas illas: a dos "Felices Soños" protexida polo Capitán e Felicio, e a illa "¡Esperta!" rexida polo peor inimigo de tódolos durmintes: Pesadelo...
Iago, un repartidor de pizza, ten que entregar unha grande de “mozzarela e chourizo” nunha dirección. Perdido, encóntrase a dous vendedores do top-manta, que en realidade son unhas bruxas no paro. Elas, que tamén van á mesma dirección, esperan a que abra a porta do Castelo… pero no interior espéraos o Monstruo para comelos aos tres e á pizza, por suposto. Despois de esceas de terror e rap saberemos cal é o segredo do Monstro do Castelo.
Dous amigos descobren un mundo de aventuras no seu cuarto que lles distrae do sono. A lúa e as estrelas son o marco deste espacio tan divertido e acolledor no que apetece xogar… e descansar.
La lengua de las mariposas narra los hechos que suceden en la primavera de 1936 hasta el día en que estalla la guerra civil en una pequeña aldea gallega. Moncho, un niño de 6 anos, se inicia en la amistad, en el saber e en el descubrimiento de los misterios de la vida llevado de la mano del bondadoso maestro Don Gregorio. Nos introducimos así en el ambiente familiar, social e político de la aldea, hasta el momento de la brutal ruptura final.
Bel perdeu o seu can chamado Sultán. A Ana esvaecéuselle a súa planta Anastasia. Todo aconteceu á vez dun xeito enigmático e inexplicable. Ambas as dúas son moi diferentes, pero, unidas polo azar, comezan a traballar xuntas co fin de descubrir a causa da misteriosa desaparición das súas mascotas, sen se decatar de que a busca que inician é a un tempo unha forma de resolver a intriga e un estraño camiño para construír entre elas unha verdadeira amizade.
Un personaje despistado llega preguntando por el titiritero… ¿Acaso se ha olvidado de que tiene que realizar la función? Este es el comienzo del “juego” entre el público e el actor, entre el actor e los títeres e entre los títeres e el público. Todo ello para reconstruir este viejo e conocido cuento que todos conocemos ¿O no? Ya que en este caso el desarrollo de los acontecimientos sufre por momentos “pequeñas variaciones” e los protagonistas aunque siguen siendo los tres cerditos e el lobo se ven acompañados por algún otro…
Un xograr presenta unha galería de personaxes que xogan diferentes historias no ámbito dunha praza: Un pallaso que loita por poñer o nariz e se namora dunha flor. Un concertista de frauta e a inesperada interrupción dun ximnasta. Un vendedor de mel que caza sons nos seus frascos. As marionetas Presenta formalmente estes cadros o mestre Doménico Gargantoni, cantante lírico, quen debe superar con paciencia as reiteradas interrupcións do señor Anselmo, un espíritu cándido cheo de avidez polo coñecemento.
Jennifer, Christopher e Jonathan son tres nenos de sete anos que van á casa da súa amiga Jessica a celebrar o cumpreanos desta, pero atópanse coa noticia de que o cumpre é mañá. Menos lobos é un espectáculo áxil onde o ritmo trepidante dos seus diálogos tentará en todo momento captar a atención do público infantil.
Esta é unha aventura máis do valente Xanciño e a espilida María. Acontece que a casa de María está a ser visitada por aparicións, pantasmas e mesmo demos. Só o inxenio de María e as picardías de xanciño lograrán vencelos e desenmascaralos.
Versión do conto dos irmans Grimm “O rei Rá”. O Principe Croberto foi convertido en sapo por unha Meiga porque non quixo casar con ela. Será sapo ata que unha princesa lle de un bico de amor.
Ebere, e Runako, son dous nenos africanos, que viven en dúas aldeas separadas por un río e tamén, separadas por vellos rancores. A pesar de que os seus maiores son inimigos, deciden xogar xuntos ás furtadelas. Pronto descobren o emocionante e enriquecedor que é xogar de dous en dous, e xuntos urden un plan para reconciliar aos seus maiores, quen por outra banda, esqueceran o motivo orixinal da súa inimizade.
Iago, un repartidor de pizza, ten que entregar unha grande de “mozzarela e chourizo” nunha dirección. Perdido, encóntrase a dous vendedores do top-manta, que en realidade son unhas bruxas no paro. Elas, que tamén van á mesma dirección, esperan a que abra a porta do Castelo… pero no interior espéraos o Monstruo para comelos aos tres e á pizza, por suposto. Despois de esceas de terror e rap saberemos cal é o segredo do Monstro do Castelo.